10 usuarios do Centro Juan María fórmanse en competencias dixitais básicas

Este mércores celebrouse o acto de clausura do Curso de Competencias Dixitais Básicas do Centro Juan María que tivo lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle, coa asistencia do presidente da entidade, José Santoro, e do alcalde de Nigrán, Juan González.

A través do programa “Competencias Dixitais Básicas” buscouse fomentar a inserción socio laboral das persoas con discapacidade intelectual ofrecéndolles unha formación profesional que lles permita optar a un emprego estable e de calidade. Desde o 1 de decembro de 2022 ao 15 marzo de 2023 dez persoas recibiron formación específica en competencias dixitais e formación xeral para o emprego (195 horas) rompendo así coa fenda dixital existente.

O provecto foi financiado a través da Convocatoria de axudas económicas para a realización de accións formativas Por Talento Dixital 2022 da Fundación ONCE.