
O Hospital Vithas Vigo retoma o próximo día 21, ás 19:30 horas, o seu ciclo de conferencias gratuítas para ampliar a educación en saúde da cidadanía, denominado Vithas Aula Saúde, cun relatorio dedicado ás novas abordaxes do tratamento da obesidade. O relator será o presidente da Sociedade Galega de Medicina Intensiva e coordinador da Unidade de Sobrepeso e Obesidade do hospital, Dr. Juan José González Soler.
A calidade da Unidade de Sobrepeso e Obesidade do Hospital Vithas Vigo, posta en marcha a finais de 2019, acaba de ser acreditada pola Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO) como primeira unidade privada de Galicia en cumprir os 13 criterios de calidade esixidos pola propia SEEDO.
O sobrepeso e a obesidade son dúas enfermidades que se relacionan directamente con outras moitas patoloxías que crean un círculo vicioso do que é difícil de saír. De feito, a propia Organización Mundial da Saúde considéraa unha pandemia.
O relatorio do Dr. González Soler prevista para o vindeiro martes 21, a partir das 19:30 horas, centrarase nas novas abordaxes do sobrepeso e da obesidade. A asistencia a esta charla é libre ata completar o aforo, polo que se recomenda a inscrición previa a través do correo electrónico aulasalud.galicia@vithas.es ou no número de teléfono 986 90 19 75 en horario de mañá.
Este Aula Saúde forma parte da iniciativa de Vithas de formar e informar á sociedade sobre aspectos relacionados co coidado da saúde como parte do seu compromiso coa sustentabilidade empresarial.
A conferencia do Dr. González Soler prevista para o próximo 21 de marzo supoñerá, tamén, a continuación do programa de conferencias destinadas a formar e informar á sociedade viguesa sobre temas de saúde, despois de que se interrompese en 2020 debido á pandemia e posteriormente, ás obras realizadas no Hospital Vithas Vigo.