O PP de Nigrán propón ofrecer os quioscos das praias de forma preferente ás asociacións parroquiais

O Partido Popular de Nigrán leva a pleno ofrecer os quioscos das praias ás asociacións parroquiais de forma preferente. O Concello de Nigrán constitúeno sete parroquias, nas que existen asociacións parroquiais e culturais, o que fomenta a colaboración veciñal e a axuda a familias da zona con dificultades. Moitos veciños colaboran en maior ou menor medida en manter estas asociacións de forma voluntaria e sen ningún ánimo de lucro.

O Concello de Nigrán licita todos os anos sete postos, que xeran uns beneficios, e desde o Partido Popular a concelleira e candidata María José Pino suxire que “a mellor forma de colaborar coas parroquias sería outorgando preferencia ás mesmas, á hora de adxudicar estes postos, isto permitiría a independencia económica dos mesmos e conseguindo que os beneficios queden en Nigrán”.

Habería que solicitar a elaboración das bases para convenios coas asociacións veciñais, elaboración, publicación, convocar o sorteo e adxudicar.