As ANPAS de Nigrán concentraranse novamente este venres

As ANPAS de Nigrán se concentrarán novamente este venres 17 de marzo ás 17:30 horas diante da Praza do Concello de Nigrán para esixir máis calidade nos menús escolares. Seguen reclamando a utilización da cociña do CEIP Humberto Juanes para a elaboración da comida. As ANPAs convocantes son a ANPA do CEIP Humberto Juanes, ANPA do CEIP Carlos Casares, ANPA do CEIP Cruz-Camos e nesta ocasión se suma a ANPA do CEIP de Mallón. As ANPAs seguen esperando a que a Xunta lles reciba ou responda ás súas queixas.