Acto de recoñecemento ao alumnado do CPI Cova Terreña gañador do concurso do 8M da Xunta

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convocaron conxuntamente a 6ª edición do concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, e Antonio, Emma, Laura e Xenxo, alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona, obtiveron o 2º Premio na categoría de 3 a 10 anos.

O CPI Cova Terreña celebrou o 8M co seu alumnado de 4º de Primaria cun acto de recoñecemento dos alumnos e alumnas gañadores do VI Concurso de Carteis do 8M: Antonio, Emma, Laura e Xenxo. O acto de recoñecemento, no salón de actos do centro educativo, contou coa presenza do Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e coa Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira.