O CPA Gondomar proclámase campión galego de Grupos Show Júnior

O CPA Gondomar proclamouse este domingo campión galego de Grupos Show na categoría Júnior no Campionato Galego de Grupos Show celebrado no Pavillón Central As Travesas, en Vigo. As patinadoras e o patinador do club gondomareño lograron unha puntuación de 26.15 co seu show “Mens Sana In Corpore Patients”. A competición estivo organizada polo propio CPA Gondomar, a Federación Galega de Patinaxe, o Concello de Gondomar a través da súa Concellería de Deportes, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Ademais dos Júnior, participaron as categorías de Grupos Grandes, Pequenos, Cuartetos Júnior e Cuartetos Sénior.