Anuncios
Ticker de novas

Belesar celebra as súas festas patronais na honra de San Lorenzo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Lorenzo en Belesar.

A parroquia baionesa de Belesar celebra os días 9, 10 e 11 de agosto as súas festas patronais na honra de San Lorenzo.

O mércores 9 o grupo de gaitas “A Merced” de Chaín percorrerá a parroquia, e ás 20:30 actuará xunto co grupo de baile no torreiro de festas. Pola noite, a partir das 22:00 horas, os grupos Aramio e Ritmo amenizarán a verbena.

O xoves 10 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón e cantada pola Coral San Lorenzo de Belesar. A continuación sairá a procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar. Ás 18:00 horas terá lugar o partido de fútbol entre solteiros e casados no campo da Estivada, e pola noite, ás 22:00 horas, comezará a verbena a cargo da orquestra Nevada Band e o grupo Son D’Vigo.

O venres 11 ás 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, ás 22:00 horas, as orquestras Superfama e Ceniza amenizarán a verbena fin de festa.

Anuncios