
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns e martes, 6 e 7 de marzo, o municipio de Gondomar. Estará situada dentro da estación de autobuses (dársena 6) en horario de 16:00 a 21:00 horas ambos os dous días. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se está a tomar algún medicamento. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.