Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A Positivo e 0 Negativo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizaun chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sanguee, de maneira especial,aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos,polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficazo seu gran labor asistencial

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como nas pasadas Festas doEntroido, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicitaun esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

 

DATA

 

CONCELLOS

Xoves 2 de

marzo

E.U. Enfermería e E.U Podoloxía (Ferrol), NATURGY e Bº de las Flores (A Coruña), Curtis, Arzúa, CPFP FESAN (Santiago), Caldas de Reis, O Rosal, Navia (Vigo), IES Perdouro e IES Monte Castelo (Burela), Friol, Guntín, CIFP Portovello e  Bº O Couto (Ourense)
Venres 3 de marzo Bº Esteiro (Ferrol), Carballo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Serra de Outes, lalín, IES Chapela (Redondela), Colegio Vigo, Burela, IES García Barbón (Verín), Verín.
Sábado 4 de marzo Carballo, Ribeira, Lalín, Covelo, Mondoñedo.

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 8 ás 22 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Luns e venres de 8 ás 15 horas

Martes, mércores e xoves de 15 horas a 22 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.