
A ANPA do CEIP Humberto Juanes concentrarase este venres ás 17:30 horas xunto coa ANPA do CEIP Carlos Casares e a do CEIP da Cruz-Camos diante do Concello de Nigrán. O pasado venres as ANPAS mantiveron unha reunión con María José Pino, a candidata do PP por Nigrán, na que confirmou o seu compromiso para que se cociñe na cociña do CEIP Humberto Juanes. “Pedímoslle á candidata que a Secretaría Xeral Técnica fixera declaracións ao respecto ou que polo menos nos recibira, se ben isto parece que non foi posible. Ante a falta de compromiso das institucións que decidirán o que suceda cos pregos de condicións, decidimos seguir coas nosas mobilizacións”.