Nigrán abre este sábado o “Mes Violeta” cunha ampla programación dedicada á igualdade de xénero

O Concello de Nigrán abre este sábado 4 de marzo a programación especial do “Mes Violeta” cunha morea de actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade de xénero entre público infantil, adulto e adolescente, téndose deseñado para chegar así a toda a veciñanza e sendo a maioría abertas ao público e outras destinadas especificamente aos centros educativos.

Sábado, 4 de Marzo

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado, 4 de marzo ás 19:00 horas, a representación da obra de teatro científico “Que traballo tan curioso!”, unha creación dirixida a público infantil, da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza esta obra como investigadora, convidando o público a que adiviñe cal é a súa profesión. A obra encádrase no proxecto “Ciudad Ciencia”.

Mércores, 8 de Marzo

Marcha de Mulleres desde a Praza do Concello ás 12:00 para participar na Ramallosa na concentración das 12:30 horas.

Domingo 12 de Marzo

Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. Espectáculo cómico. “Sexo débil, o carallo!” a cargo da actriz e monologista Arantxa Treus, premio Fetega á mellor monologista cómica en 2020, coñecida por series de televisión como Serramoura ou Fariña. É un show de comedia na que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres…

Domingo 19 de Marzo

Ás 17:00 horas no Auditorio Municipal. Proxección cinematográfica do filme “Valentina”. A protagonista soña con ser trapecista e cree que por ser Down non poderá conseguilo. A súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as orugas conseguen converterse en bolboreta nada é imposible.

Sábado 25 de Marzo

Ás 10:30 horas no Auditorio Municipal. Scape room “Desmontando a desigualdade”. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente por grupos (informarase convenientemente). Os/as participantes deberán resolver varios retos relacionados coa desigualdade entre mulleres e homes, os estereotipos e roles de xénero, a biografía de mulleres relevantes en distintos ámbitos de coñecemento …

Xoves, 30 de Marzo

Proxección especial dunha película seleccionada entre o Concello de Nigrán e o Cine-Club Val Miñor Alice-Guy ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Todo o mes

Andel Violeta na Biblioteca Municipal. Selección de libros do fondo municipal con temática de igualdade, autoras femininas…..

Os días 7, 8 e 9 de marzo, se desenvolverá o espectáculo “Lúa queres ir a … Marte!” en sete centros educativos do Concello de Nigrán durante a xornada escolar. Lúa a protagonista desta peza quere ser astronauta e viaxar a Marte. Grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas son o seu referente para enfrontarse aos impedimentos que lle queren impoñer. O 9 de Marzo no CEIP Arquitecto Palacios, dentro do programa “Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, terá lugar a peza performativa “Flamma” con texto en sistema de son, performance, vestiario-escultórico e danza. Para reivindicar que o noso corpo é noso, que é violentado incluso nos seus procesos máis propios, xulgado, maltratado, agredido.