Homenaxe a Rosalía de Castro en Nigrán

Concello de Nigrán, IES Proval e IES Val Miñor ofrecen un ano máis unha homenaxe conxunta a Rosalía de Castro este venres 3 de marzo desde as 20:00 horas no Auditorio Municipal. O acto constará dun recital de poemas da célebre escritora a cargo do alumnado de ambos centros (e público que desexe sumarse) e interpretación dos mesmos pola coral Novos Aires de Nigrán (“De balde”, “Soia” e “Negra sombra”) e Ecos do Castelo de Parada (“Caldo de Gloria”, “Alborada” e “Adiós ríos”). A entrada é de balde ata completar aforo.