
O 10 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio de Baiona terá lugar unha gala solidaria organizada polo alumnado do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, co patrocinio de trece entidades e establecementos de Baiona. Todo o que se recade en dita gala solidaria será destinado a ASANOG, a asociación de axuda a nenos e nenas oncolóxicos de Galicia.
As entradas poden comprarse nos establecementos colaboradores. Para todas as persoas que queiran participar, pero non poidan acudir o día da gala, haberá unha ‘’fila 0’’ na que poder axudar a recadar os cartos para a asociación. Esta gala contará con diferentes actuacións, levadas a cabo por artistas da contorna do Val Miñor e alumnado do instituto IES Primeiro de Marzo, que encherán o escenario de talento artístico.
Establecementos colaboradores: Librería Vernet, Parole Café, Asador María Eugenia, Cafetería Central Park, Limpiño LavaMascotas, Avicolor, Copistería Candela, Óptica Baiona, VS Imagen Profesional, Más que Belleza, Ferretería Amorín e Rose’s Barber Shop.