Ribera Povisa asina un acordo con Ecoembes e activa a campaña “Reciclar tamén salva vidas”

Ribera Povisa asinou un convenio con Ecoembes para realizar a recollida dos plásticos xerados no hospital a través dunha das súas empresas asociadas, Reciclados Plásticos La Cañiza SL.

Na actualidade, o hospital recicla cada xornada 14 contedores de cartón e un de plástico cada dous días. O obxectivo a curto prazo é incrementar a reciclaxe de plásticos a un contedor diario.

Tras o acordo subscrito con esta organización sen ánimo de lucro que se dedica á recuperación de envases en toda España, instaláronse no centro sanitario papeleiras amarelas nos puntos de maior xeración de plásticos como as salas de espera, os controis de enfermería, as salas de estar, o autoservizo ou o almacén, entre outros.

Unha vez cheas, o servizo de limpeza de Ribera Povisa retira a bolsa e lévaa ao almacén, onde se instalou un contedor grande de plásticos que baleira a diario a empresa asociada.

Ademais da firma do convenio, en Ribera Povisa activouse a campaña “Reciclar tamén salva vidas” entre o persoal para concienciar da importancia da segregación en orixe dos residuos xerados.