Gondomar abre o prazo para a solicitude de trampas para a vespa velutina

O Concello de Gondomar abre o prazo un ano máis para a solicitude de trampas para a vespa velutina. As persoas interesadas en recibir estas trampas deberán solicitalo cubrindo o impreso correspondente que terá que ser entregado no rexistro xeral do concello. O prazo de solicitudes establécese do 28 de febreiro ao 13 de marzo. Descarga do formulario na seguinte ligazón.