O PP de Nigrán denuncia o “abandono total” da contorna de Praia América

A concelleira e candidata do Partido Popular de Nigrán, María José Pino, levará a pleno a denuncia do abandono total por falta do alcalde socialista da contorna de Praia América. “É inaceptable que unha das marabillosas contornas de Nigrán atópese tan abandonada, faltan baldosas, zonas sen pintar, en todo o litoral non se ve nin unha planta, os baños do paseo sucios e algún coa porta rota, hai un tramo en que se tería que instalar un badén, hai herbas en pleno paseo… O alcalde que se deixe de tanta operación asfalto e póñase a traballar. Hai que coidar Praia América, non só cando veñen turistas, xa que viven moitos veciños todo o ano”.