A Deputación aproba unha achega de preto de 90.000 € para Baiona

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos por 1,6 millóns de euros que beneficiarán a dez municipios da provincia. Trátase de once achegas das Liña 1 de Investimentos e da Liña 2 de pago de gastos correntes e financiamento de actividades socioculturais, que nesta quenda van parar aos concellos de Baiona, Cangas, A Estrada, A Illa, Marín, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Silleda e Vilanova de Arousa. Baiona recibirá 87.338€ para gastos correntes e actividades sociais e culturais dentro da Liña 2.