Baiona pecha o Entroido cun roteiro musical en Sabarís

Baiona pecha o Entroido este sábado, día 25 de marzo, cun roteiro musical en Sabarís. Desde as 12:30 do mediodía ata as 22:30 horas da noite haberá concertos, ademais da “Queima do Meco” e pintacaras para os máis pequenos. O programa comezará ás 12:30 horas co concerto de Black Stereo nas proximidades da farmacia. Ás 13:30 horas actuarán Tapaconas diante de Viveiros Sabarís, e ás 16:30 horas The Mirror na Praza Victoria Cadaval.

Ás 17:30 horas será La Patrulla a que ofreza un concerto xunto á Igrexa de Sabarís. Ás 18:45 horas comezará o Enterro do Meco, que sairá desde a Praza Victoria Cadaval acompañado dunha charanga para ser queimado no xardín da coñecida como “Casa Rosa”. A xornada finalizará con outros tres concertos, ás 19:30 horas de Groovin Folks diante de Viveiros de Sabarís, ás 20:30 de Wondercovers fronte a farmacia e ás 22:30 horas de Los Bechuchos na Praza Victoria Cadaval.