
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, foi informada pola organización de “O Gran Camiño” dos horarios de paso e as necesidades loxísticas e preparou dispositivos especiais que inclúen o peche da circulación rodada desde a súa chegada por Ramallosa a través da PO-552 ata a saída cara a Oia. O corte efectivo absoluto do tráfico realizarase ao pase de carreira previsto entre as 13:45 e 14:15 horas. Garantirase a seguridade viaria nos medios necesarios para realizar a cápsula de seguridade en colaboración entre a Policía Local do Concello de Baiona, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil e o persoal habilitado de Protección Civil.