Proxección en Sabarís da película “Corgi, las mascotas de la reina”

A Concellería de Cultura de Baiona proxectará este venres 7 de agosto ás 23:00 horas en Sabarís a película “Corgi, las mascotas de la reina”. Rex é o can máis querido da Raíña de Inglaterra. Un día, Rex perde o rastro da súa dona e atópase por casualidade cun clan de cans de distintas razas que teñen rifas e pelexan entre si. Na súa aventura para atopar á raíña, Rex pescuda o significado do amor e descobre quen é realmente.

O tramo de estrada desde a esquina da Avda. Julián Valverde coa Rúa Victoria Cadaval ata o cruzamento de Avda. Julián Valverde co inicio da Rúa Porta do Sol, pecharase ao tráfico desde as 19:30 horas. Ademais, non se poderá aparcar neste tramo (paralelo á Praza de Victoria Cadaval, desde as 15:00 horas.