
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 19 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana acompañada en catro temas pola coral Ventos do Val de Petelos (Mos). A entrada é de balde ata completarse o aforo.
En total, unha corentena de acordeonistas de toda a provincia dirixidos polo profesor Juan Bande e con idades que van dos 12 aos 83 anos ofrecerán un concerto cheo de cancións populares e versións actuais e dos anos 80. A característica principal desta banda nacida no 2019 e integrada polo diferente alumnado de Bande é precisamente o seu repertorio fóra do habitual.