
Os baioneses David González e Cristian Suárez, do Club de Loita Sabarís, conseguiron a medalla de bronce nos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas celebrados este sábado en Carmona (Sevilla), organizados por CSD, FELODA e FALODA. Ambos participaron na modalidade de Loita Libre Olímpica, David en 61 kg e Cristian en 79 kg. A Federación Galega de Loita e D.A. acudiu cunha expedición de 72 participantes, sendo esta una das actividades máis numerosas nas que participa e a competición de maior apoio ao deporte de base. En total máis de 612 deportistas.