“Os Festeiros queren té” gaña o concurso de comparsas de Baiona

Baiona celebrou este sábado unha dobre xornada co Desfile de Comparsas e o Enterro da Sardiña. As 24 comparsas participantes chegadas de Gondomar, Tomiño, Redondela, O Porriño, Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Soutomaior, Pontecaldelas, Baiona e Nigrán, que sumaban máis de 1.500 compoñentes, comezaron o desfile ás 17:00 horas desde Sabarís, percorrendo Santa Marta, a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro e Elduayen ata chegar á Avda. de Ramón e Cajal, acompañadas polo grupo de batucada Bloquinho Aperta. Seguidamente, iniciouse o Enterro da Sardiña, partindo desde a Praza do Concello para facer un percorrido polas rúas Ventura Misa e Elduayen ata a Praia Ribeira, onde tivo lugar o enterro. Todo iso acompañado pola música da Charanga Nova Cubana.

Tras a queima da sardiña, e tras a deliberación do xurado, procedeuse á entrega de premios ás gañadoras. O primeiro premio, de 900 euros, foi para a Asociación Os Festeiros de Bembrive, con “Os Festeiros queren té”. O segundo, de 650 euros, recaeu en “Unha comparsa pouco corrente” da Asociación Carnavales de Mañufe. Os 500 euros do terceiro premio foron para LDanzia de Gondomar con “Moulin Rouge”. O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor de Nigrán conseguiu o cuarto premio, de 400 euros, con “Xeada en Parada”. E o quinto, de 300 euros, recaeu na comparsa “Grease” da Asociación Deportiva Cultural Paradela de Gondomar.

As demais comparsas participantes, “Fantasía do Zodíaco” da Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño, “Un recuncho máxico” de Comparsa Os Choqueiros de Redondela, “Exipto” da Asociación Cultural Pontellas de O Porriño, “O Valhalla pode esperar” da Asociación Políticamente Incorrectos de Gondomar, “Mundo máxico” da Asociación Os da Casa de San Andrés de Comesaña, “Venecia” de Comparsa Diversidade de Vigo, “Pueblo Paleta” da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, “Río” de Comparsa Os Brincadeiros de Ponteareas, “Vigochella Fest” de Comparsa Os Furafollas de Vigo, “Talismán á beira do Nilo” da Asociación Cultural Talismán de Salceda de Caselas, “A antiga Grecia” da Asociación Cultural Moreira a Tope de Soutomaior, “Cor na rúa” da Asociación de Veciños Cristo da Victoria de Vigo, “Hindús” da Asociación A Pandilla de Pontecaldelas, “Grease” do Centro Cultural A Merced de Chaín, “A maxia do cine” da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios, “Vinciocas na matanza do porco” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, “Hércules” do Club Vigo 100×100 Deporte, “Rock in Baíña” do Centro Cultural e Social de Baíña e “Valla-Space” do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, recibiron unha cantidade que varía dependendo do número de compoñentes: de 81 a 100 compoñentes (300 euros), de 61 a 80 (250), de 41 a 60 (200), de 21 a 40 (150) e de 12 a 20 compoñentes (100).



El pase de diapositivas requiere JavaScript.