A baionesa Iria Ludeña e a tudense Irea Alonso proclámanse campioas galegas en K2

O río Miño ao seu paso pola localidade ourensá de Barbantes e o concello de Cenlle acolleu este sábado o Campionato Galego Xunta de Galicia de embarcacións dobres, onde participaron 410 deportistas pertencentes a 32 equipos. A baionesa Iria Ludeña e a tudense Irea Alonso, do Club Kayak Tudense, proclamáronse campioas na categoría Xuvenil, cunha marca de 00:15:02,74. Ánxela Fontán e Carmen Ventura, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, ocuparon o segundo posto (00:15:20,61), e pechando o podio en terceira posición, Avril Freire e Laura Ríos, do Club Náutico O Muíño de Ribadumia (00:15:36.27). A competición deu comezo ás 10.30 coa presenza dos padeeiros das diferentes categorías de Veteranos, Sénior e Xuvenís. Todos eles tiveron que completar un percorrido de 3.000 metros.