
Para celebrar estes 25 anos de traxectoria, Avelaíña prevé organizar unha serie de actividades para aumentar a súa visibilidade na comarca do Val Miñor, comezando con estas xornadas de portas abertas dirixidas aos centros educativos da comarca.
Moitas veces, os problemas de saúde mental comezan na infancia, por este motivo, co obxectivo de traballar a saúde mental entre as nenas e nenos, esta mañá alumnos de 3º de Primaria do CPI Cova Terreña de Baiona visitaron as instalacións da Asociación para compartir tempo e espazo e romper estigmas e estereotipos das persoas que sofren un problema de saúde mental, dando a coñecer ás futuras xeracións máis sobre esta problemática.
Nesta visita, as nenas e nenos desfrutaron dun conto adaptado e de obradoiros de pintura e de chapas, fomentando así, de forma lúdica, o respecto e a tolerancia cara as diferencias, e transmitindo tamén a importancia de coidar as emocións propias e as dos demais.