
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de xadrez. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de febreiro no Pavillón Municipal de Deportes dende as 17:00 ata as 19:00 horas. Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de inscrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal. A data límite de inscrición é o 22 de febreiro.
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e próximo, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non competitiva de xadrez, tanto con partidas ao xogo clásico, coma con xogos alternativos coas pezas e taboleiros de xadrez (pasapezas, comepezas, xaquegana e maisún). Tamén farase unha breve introdución a aquelas variantes do xogo que non sexan coñecidas polas persoas participantes.
O boletín oficial de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello de Baiona.