
O Concello de Baiona ofrece un curso gratuíto de carretilla elevadora encadrado no plan formativo municipal que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio. A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de realizar un itinerario formativo teórico práctico dirixido a mellorar as posibilidades de inserción laboral no sector industrial e de comercio e en aqueles sectores relacionados coa loxística e os sistemas de produción propón a realización desta actividade formativa cunha carga lectiva de 15 horas para a obtención da formación teórico práctica para o manexo de carretillas elevadoras.
A actividade formativa conta con 15 prazas e está dirixida a persoas desempregadas maiores de idade inscritas no servizo público de emprego do municipio de Baiona. O curso ten unha duración de 3 días (un de formación teórica e dous de formación práctica), distribuído da seguinte forma:
- Formación teórica: día 22 de febreiro de 2023 de 9:00 a 14:00 horas no Centro Multiusos Ángel Bedriñana. Rúa Carabela Pinta nº 9, entreplanta.
- Formación práctica: días 23 e 24 de febreiro de 2023 de 9:00 a 14:00 horas na Nave de Vilán. Lugar da Igrexa nº 45 Baíña-Baiona.
As persoas interesadas na realización de esta acción formativa poderán consultar as Bases da convocatoria na sede electrónica do concello, no rexistro e na páxina web do concello http://www.baiona.gal, debendo presentar a instancia xunto coa documentación recollida nas bases da convocatoria no Rexistro Xeral do Concello de Baiona ou a través do rexistro electrónico do concello https://baiona.sedelectronica.gal/info.