
O Concello de Nigrán recomenda á veciñanza da rúa Otero Pedrayo que revise o seu sistema comunitario e particular de subministro de auga ante a entrada en funcionamento do novo nos vindeiros días como parte das obras de humanización da estrada. Este cambio supoñerá unha mellora da calidade da auga e tamén un aumento da presión en función do emprazamento da vivenda, motivo polo que se recomenda revisar as instalacións.