Avelaíña inicia a conmemoración do 25 aniversario no Val Miñor coa invitación de Teresa Chamorro

Esta mañá Avelaíña tivo visita de Teresa Chamorro, para presentar o seu primeiro libro “El día que fui juzgada”. Natural de Panxón e enfermeira de profesión, escribiu esta historia policíaca cargada de suspense e ambientada na súa localidade natal e outros puntos da comarca miñorana. Para a presentación do libro, creouse un espazo de intercambio de impresións sobre a obra e as claves para interpretala, provocando entre as persoas participantes o anhelo de querer descubrila e sentila.

Este acto supón o pistoletazo de saída a unha serie de eventos que se realizarán con motivo da programación do 25 Aniversario da asociación, na que persoas emblemáticas do Val Miñor, colectivos e entidades, participarán en diferentes Xornadas de Portas Abertas para visibilizar e dar a coñecer o seu traballo en Saúde Mental na comarca.