
A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba pola autoestrada AP-9, á altura do Km. 129, termo municipal de Pontevedra, sentido Portugal. Sobre as 16:45 horas do día de onte, a Central Operativa de Servizos da Agrupación de Tráfico (COTA), da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, recibiu múltiples avisos alertando da presenza dun peón camiñando á altura do km. 129 da autoestrada AP-9, sentido Portugal, advertindo do perigo da situación.
Inmediatamente enviouse ao lugar a unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, sendo localizado o peón no devandito punto, o cal presentaba síntomas de estar desorientado, e unha vez tranquilizado é retirado da vía, e trasladado a dependencias do Subsector de Tráfico da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Unha vez identificado, trátase dunha persoa de 60 anos, usuario da Residencia da Terceira idade de Campolongo-Pontevedra.
Postos en contacto coa dirección da devandita residencia, confirman a desaparición desta persoa, usuaria da mesma. Unha vez máis a colaboración cidadá, e a rápida actuación dos axentes, resultou fundamental para evitar un accidente, cun máis que probable tráxico desenlace.