Localizado o corpo sen vida de Albano Manso na Ramallosa

O 112 Galicia vén de informar do rescate do corpo sen vida do home de 48 anos de idade desaparecido en Gondomar desde o pasado xoves 19 de xaneiro. O cadáver foi localizado na marisma da Foz, na Ramallosa, na desembocadura do río Miñor. No rescate participaron efectivos de Protección Civil do Val Miñor, que foron os primeiros en chegar ao lugar, GES do Val Miñor, Garda Civil, Policía Local de Nigrán e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

As tarefas de procura para dar con Albano Manso Muñoz comezaron o xoves. Nas batidas participaron axentes do Posto da Garda Civil de Gondomar, de Baiona, a USECIC da Comandancia de Pontevedra, a PAFIT (Patrulla Fiscal) de Vigo e o Equipo Pegaso con drons, tamén persoal de Protección Civil do Val Miñor e Policía Local de Gondomar, así como veciños e voluntarios.