
Huntington Galicia celebra o vindeiro domingo 29 de xaneiro unha Asemblea Xeral Ordinaria, ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda. Dita Asemblea terá lugar no local sito na Rúa Manuel Lemos, 8, de Nigrán. Os puntos máis importantes a tratar son os seguintes: presentación e ratificación xunta directiva, memoria anual, aprobación balance económico 2022, nomeamento socios colaboradores e actos e actividades 2023.
Así mesmo, búscase tamén que sirva para que as familias e enfermos váianse coñecendo e establecendo contactos entre eles, así como para que lles trasladen as súas inquietudes e necesidades. Por iso convidan a todos aqueles que desexen participar no evento, que, se teñen algunha dúbida, póñanse en contacto coa asociación a través do correo huntingtongalicia@gmail.com.