Nigrán ofrece un curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas para desempregados

O Concello de Nigrán, dentro do seu “Plan de Formación e Emprego 2023”, ofrece un curso gratuíto de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas destinado á veciñanza desempregada ante a alta demanda por parte das empresas deste tipo de profesionais. O período de inscrición está aberto ata o luns 30 de xaneiro ben a través de Rexistro (Planta baixa do Concello, de 9:00 a 14:00) ou Sede Electrónica. O curso desenvolverase durante 60 horas do 9 ao 24 de febreiro de 9:00 a 14:00 no Centro Antena.