A Asociación de Veciños “A Irmandade” de Priegue presenta a súa nova imaxe

A Asociación Veciñal de Priegue seguindo o ronsel marcado por esta nova etapa na que se pretende poñer en valor dita entidade e os intereses comúns dos veciños e veciñas de Priegue, terá por primeira vez na súa historia un escudo representativo. O pasado venres asinouse un acordo entre o presidente da A.VV., José Manuel Chamorro, e o creador do escudo, Carlos Gómez, presidente da Asociación Chandebrito 1807, no que se ceden os dereitos de utilización da devandita imaxe, que pasará a ser emblema e logo de “A Irmandade” de Priegue. Desde a Directiva queren agradecer a Carlos Gómez o esforzo e dedicación posta na creación do escudo que representa as raíces da parroquia de Priegue, reflectíndose no seu timbre a distinción de antigo Condado e nos seus brasóns a súa representación eclesiástica, castrense, agrícola e peregrina.