O temporal arrastra o corpo dun golfiño á Praia da Concheira de Baiona

O cadáver dun golfiño común foi atopado este venres na Praia da Concheira, en Baiona. Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) desprazáronse ata o lugar para tomar mostras e tratar de pescudar a causa da morte. Segundo informaron, trátase dun golfiño común macho de dous metros, xa algo descomposto.