Mañufe celebra a festividade de San Vicente

Mañufe celebra este domingo 22 de xaneiro a festividade do seu patrón, San Vicente. Un ano máis terá lugar a Festa Parroquial do Encontro, na que sairán en procesión os catro santos da parroquia. A imaxe de San Andrés sairá da súa capela situada en Nande ás 11:00 da mañá dirección A Portela, onde se unirá a de San Sebastián, para dirixirse xuntas ata a igrexa parroquial, onde esperarán San Blas e San Vicente. Tras o encontro, celebrarase a Misa Solemne ás 13:00 horas, seguida da procesión conxunta.