O PP critica o abandono das aulas do CRA Antía Cal por parte do Concello de Gondomar

O Partido Popular de Gondomar denuncia a falta de mantemento das aulas do CRA Antía Cal por parte do Concello de Gondomar. Paula Bouzós recórdalle ao alcalde que as aulas do CRA son propiedade do Concello e que o mantemento das mesmas son competencia municipal.

Estes días a ANPA As Pontes Antía Cal queixouse do mal estado no que se atopa a aula de Couso desde que comezou o curso. Segundo denuncian nas redes sociais, “La estructura del tejado de una de las aulas totalmente combado, con riesgo de derrumbamiento, agua que se filtra y cae directamente al aula tanto por las paredes como por el techo y en contacto con la instalación eléctrica con el consiguiente riesgo. No existe cimentación como tal, el suelo es de tierra y encima se han colocado las baldosas y un suelo de estilo sintasol que por culpa del agua acumulada y la humedad esta combado y no es llano, el suelo se mantiene mojado las 24h a pesar de tener deshumidificadores. Las paredes carecen de ningún tipo de aislamiento, por lo que se mantienen mojadas continuamente tanto por capilaridad del suelo como por el mal estado de la estructura del tejado. La existencia de moho en todas las superficies incluido el material de uso por el alumnado, teniendo que deshacerse de mucho material y otro no poder usarlo por el riesgo para la salud que representa para los alumnos. Hablamos de niños de 2 a 6 años que se encuentran en un ambiente insalubre durante muchas horas. De las dos aulas, una de ellas está completamente inutilizable por su estado y la otra en breve estará en el mismo estado”.

A voceira do Partido Popular manifesta que segundo lle comentou a nai dun cativo que acode á aula de Couso, o estado desta unitaria vén empeorando dende hai varios anos pero que agora xa está nunha situación calamitosa. Manifesta tamén que a ANPA xa puxo en coñecemento tanto do Concello de Gondomar como da Xunta de Galicia para que inspección fixese unha visita para valorar o estado da aula.

Paula Bouzós púxose en contacto coa delegación territorial de Educación da Xunta de Galicia cuxos responsables lle transmitiron que xa fixeron a visita ao centro escolar onde comprobaron que por un lado a estrutura do aula é segura, pero que o estado de conservación que se atopa o edificio non é o máis axeitado para impartir as clases, indicando que o Concello deberá acometer varias obras necesarias para garantir a salubridade e confort dos alumnos que acoden ás aulas do rural que teñen os mesmos dereitos que os demais colexios.

A voceira do PP gondomareño pídelle ao alcalde Paco Ferreira que se acometan de maneira urxente as obras máis necesarias e que realice un estudo de todas as demais obras a realizar para garantir unhas aulas coas condicións mínimas para impartir as clases. Recórdalle ademais a importancia de manter en bo estado os centros escolares, para garantir unha educación de calidade aos rapaces do concello, investindo máis na mellora destes centros que dan servizo educativo nas parroquias do concello”.