O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “El vampiro de Düsseldorf”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 19 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “El vampiro de Düsseldorf” de Fritz Lang, en versión orixinal subtitulada en castelán. Película policial alemá, parcialmente inspirada no caso real do asasino serial Peter Kürten, quen matou a varios nenos na cidade de Düsseldorf. Coma sempre contarán coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para a presentación e o posterior coloquio ao remate da proxección. A entrada é libre.