A Primitiva deixa un premio de 51.000 € en Baiona

O sorteo de La Primitiva celebrado este xoves deixou un premio de máis de 50.000 euros en Baiona. A combinación gañadora correspondeu aos números 43-19-1-24-13-46, complementario 20, reintegro 2, Joker 23675. Un dos catro boletos acertantes de Segunda Categoría (5 acertos + complementario) foi validado na Administración de Loterías Nº 2 de Baiona, situada na rúa Carabela Pinta, 22. O afortunado levará 51.274,07 euros.

No sorteo de La Primitiva de hoxe non existen boletos acertantes de Categoría Especial (6 acertos + Reintegro), polo que co bote xerado que se poñerá en xogo no próximo sorteo da Primitiva, un único acertante de Primeira Categoría con Categoría Especial podería gañar 2.800.000,00 euros.

De Primeira Categoría (6 acertos) existe un boleto acertante que foi validado na Administración de Loterías N° 14 de Cornellá De Llobregat (Barcolona), situada en C.C. Splau-Avda. Baix Llobregat, s/n.

De Segunda Categoría (5 acertos + Complementario) existen catro boletos acertantes que foron validados na Administración de Loterías N° 3 de Sant Andreu Da Barca (Barcelona), na N° 2 de Baiona (Pontevedra), na N° 64 de Madrid e na N° 8 de Móstoles (Madrid).