O Auditorio V Centenario acolle este sábado a representación teatral de “Histriónica”

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona continúa con actividades culturais para o desfrute da veciñanza tras poñer fin ás propostas lúdicas da programación de Nadal “BaiNadal”. A primeira destas actividades do 2023 terá lugar este sábado día 14 de xaneiro no Auditorio V Centenario, ás 20:00 horas, coa representación teatral de “Histríonica” creada e interpretada por Mónica Sueiro e codirixida por esta mesma e Avelino González.