Aberto o prazo para inscribirse no padrón de Baiona de cara ás eleccións municipais

O Concello de Baiona informa de que a cidadanía que reside na localidade, que desexe participar nas próximas eleccións municipais votando neste municipio e que non estean inscritos no padrón municipal, ten ata o próximo 30 de xaneiro para solicitar o seu empadroamento no municipio. Para o devandito trámite, as persoas interesadas deberán acudir ao departamento de Secretaría do Concello de Baiona, encargado do padrón municipal, a realizar o devandito trámite.