A CEMMA pon en marcha unha páxina web sobre as candorcas

A CEMMA, xunto co Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA poñen en marcha unha nova páxina web para aportar información sobre as candorcas: https://www.orcaiberica.org/. A web, obra do deseñador galego Xulio Marta (https://acasaateigada.com/), conta cun deseño sinxelo, reducido en canto a enlaces mais versátil á hora de ofrecer información, axilidade de navegación e material gráfico sobre a especie. Os idiomas nos que se ofrece a información son: ingles, español, francés e portugués.

Alí poden observarse as candorcas identificadas como GLADIS, é dicir, interactuantes cos barcos veleiros dende 2020, tamén son incluídas recomendacións en caso de interacción e mesmo o rexistro dos mapas de interaccións e os semáforos. Os semáforos son gráficos onde os especialistas reflicten as informacións enviadas polos navegantes, unha información moi útil á hora de tomar decisións sobre os lugares e datas máis axeitadas para a navegación evitando encontros coas candorcas.

Outras RRSS

Complementariamente á nova web puxéronse en marcha novos portais de RRSS como:

https://www.instagram.com/orca_iberica/

Beneficiario de “Santander for the seas”

O proxecto FRIENDSHIP-ORCA foi un dos tres elixidos para o seu financiamento por parte segunda edición do programa “Santander for the seas” da Fundación Banco Santander para protexer mares e océanos. Este proxecto pretende crear ferramentas de divulgación e educación ambiental que promovan a información sobre a especie, a permeabilización social do seu interese ambiental e en definitiva contribúa a súa conservación.

https://www.orcaiberica.org/

https://www.instagram.com/orca_iberica/