
Preto de 1.500 estudantes de 69 colexios e institutos de toda Galicia participarán esta primavera no programa de estadías lingüísticas Spring Week, que se desenvolverá entre o 16 de abril e o 17 de xuño de 2023. Participarán 28 centros da provincia da Coruña, 13 de Lugo, sete de Ourense e 21 de Pontevedra, entre eles o CPI Cova Terreña de Baiona, o IES Plurilingüe Terra de Turonio e o CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro de Gondomar e o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Nigrán.
O programa, que está dirixido a estudantes de 6º curso de Educación Primaria e de toda a etapa de ESO de centros públicos que o solicitaran, desenvolverase nun centro residencial situado en Galicia durante sete días e ten como obxectivo a estimulación da práctica oral da lingua inglesa e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite a contorna escolar.
Durante a estadía, que se realizará en quendas semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá, o alumnado contará co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa. As actividades fomentarán a convivencia e xirarán arredor de temáticas de interese cultural, social, artístico e medioambiental.
A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna (enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sostibles, acción polo clima…), segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Este novo programa enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030. Dotada con 83M€ ata 2025, esta liña de acción prioritaria da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades busca consolidar os programas de éxito desenvolvidos na última década e incorpora novas accións para maior especialización en idiomas.
PROVINCIA | CONCELLO | CENTRO | NIVEL | QUENDA |
Pontevedra |
A Guarda |
CEIP Plurilingüe As Solanas. Nicolás Gutiérrez Campo |
6ºEP |
4-10 xuño |
Pontevedra | Baiona | CPI de Cova Terreña | 3ºESO | 23-29 abril |
Pontevedra | Baro | IES de Barro | 2ºESO | 7-13 maio |
Pontevedra | Cangas | IES María Soliño | 4ºESO | 16-2 abril |
Pontevedra | Catoira | CPI do Progreso | 2ºESO | 7-13 maio |
Pontevedra | Cuntis | CPI Aurelio Marcelino Rey García | 3ºESO | 30 abril-6 maio |
Pontevedra | Gondomar | IES Plurilingüe Tera de Turonio | 1ºESO | 21-27 maio |
Pontevedra | Gondomar | CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro | 6ºEP | 4-10 xuño |
Pontevedra | Lalín | IES Ramón Mª Aller Uloa | 2ºESO | 14-20 maio |
Pontevedra | Lalín | IES Laxeiro | 1ºESO | 21-27 maio |
Pontevedra | Marín | CEIP Plurilingüe da Laxe | 6ºEP | 1-17 xuño |
Pontevedra | Meaño | IES de Meaño | 2ºESO | 14-20 maio |
Pontevedra | Moaña | IES Plurilingüe A Paralaia | 2ºESO | 7-13 maio |
Pontevedra | Mos | IES de Mos | 4ºESO | 16-2 abril |
Pontevedra | Nigrán | CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios | 6ºEP | 1-17 xuño |
Pontevedra | Ponteareas | IES Plurilingüe Pedra da Auga | 1ºESO | 21-27 maio |
Pontevedra | Pontevedra | CEIP Plurilingüe Froebel | 6ºEP | 4-10 xuño |
Pontevedra | Portas | CPI Domingo Fontán | 3ºESO | 23-29 abril |
Pontevedra | Redondela | IES Pedro Floriani | 4ºESO | 16-2 abril |
Pontevedra | Redondela | CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda | 6ºEP | 1-17 xuño |
Pontevedra | Vigo | IES Valadares | 2ºESO | 7-13 maio |