Concerto de Reis da Coral Polifónica Novos Aires en Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // A Coral Novos Aires de Nigrán.

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este domingo 8 de xaneiro a partir das 19:00 horas o Concerto de Reis da Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán que interpretará, Ledicia de Xosé Alfredo Oliveira; Natal de Elvas de Mário de Sampayo Ribeiro; O Neno durmía (*) Poema: Díaz Jácome / Música: A. I. Paz Valverde; O merlo poeta Poema: J.Mª Álvarez Blázquez / Música: X. A. Oliveira; Un viejo amor de Alfonso Esparza; Veinte años de María Teresa Vera (Con Órgano litúrgico); Panis angelicus de Louis Lambillote; Jesús Redentor de Pietro You (Con Piano); A fala Poema: Manuel María / Música: Xosé A. Oliveira; Ladrona de besos de Ramón Inclan; Si tu me dices ven de Alfredo (Güero) Gil e Habanera (Don Gil de Alcalá) de Manuel Penella.