Concerto de Reis en Nigrán coa Orquestra de Saxos de Redondela

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá o próximo 7 de xaneiro dende as 19:00 horas un gran concerto dentro da programación cultural e musical do Concello de Nigrán ao estilo da gala vienesa, cun repertorio no que non faltarán os vals de Strauss, polcas e outros temas clásicos desta época de Nadal así como temas propios da formación redondelá. O recital será no Auditorio Municipal con entrada gratuíta ata completar o aforo.

O Concello de Nigrán e a orquestra de saxos redondelá, baixo a dirección de Elisa Arias, queren que esta cita se consolide como en moitas das grandes cidades europeas, convertendo por un día o Auditorio Municipal no gran auditorio vienés facendo partícipe deste gran evento a todo o pobo de Nigrán.