Baiona entrega a Medalla de Ouro ao Erizana Club de Fútbol

O domingo día 8 de xaneiro terá lugar no campo municipal do Aral ás 15:30 horas o acto de entrega da distinción honorífica “Medalla de Ouro” ao Erizana Club de Fútbol. En caso de que a previsión meteorolóxica non acompañe, o acto trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes de Baiona. Tras a entrega da distinción, o Erizana fará a presentación das distintas categorías que forman parte da entidade. Con dita distinción o Concello de Baiona destaca que o Erizana CF é unha desas institucións, que coas súas accións e os seus méritos máis que sobresaíntes en favor do municipio de Baiona, é merecedor de tal recoñecemento.