Nigrán ofrece un baile de Nadal para maiores con música en directo

O Concello de Nigrán ofrece o mércores 4 de xaneiro un baile de Nadal para maiores aínda que aberto a todos os públicos de 18:30 a 21:00 horas no Auditorio Municipal e coa música en directo do Grupo Local D’Líder. Ademais, durante o evento servirase chocolate con rosca para dar a benvida ao ano novo. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O obxectivo do Concello, como cada ano, é que os asistentes gocen dunha tarde de Nadal agradable bailando e socializando.