Baiona pecha o BaiNadal cunha Gala de Maxia

O Concello de Baiona rematará o sábado 7 de xaneiro a programación de Nadal cunha Gala de Maxia, que comezará ás 19:00 horas no Auditorio V Centenario e incluirá as actuacións de Samuel Moreno, Óscar Fernández e Doutor Wocky. Antes da gala, pola mañá, haberá “Obradoiros de Maxia”, tamén no Auditorio V Centenario. Para anotarse é necesario enviar un correo a baionapintamaxia@gmail.com ou chamando ao Departamento de Cultura do Concello de Baiona. Os obradoiros de maxia serán ás 11:00 horas.