Cancelada a San Silvestre de Nigrán

O forte vento e as previsións meteorolóxicas moi desfavorables para a tarde/noite do 31 de decembro, aconsellan anular a “San Silvestre 2022”. O percorrido dende Panxón e todo pola costa podería supoñer un risco para os atletas e dende o Concello de Nigrán consideran que a seguridade das persoas é o primeiro.