A choiva e o vento non poden con “os leóns do Burgo”

Unha trintena de valentes desafiaron este sábado ás intensas choivas e ao forte vento e déronse o último baño do ano na praia baionesa de Santa Marta. Como recompensa, tras o “baño da sorte”, os participantes puideron gozar dun chocolate con churros ou unha caña ofrecida pola Cervexaría Estrella Baiona, organizadora do evento. A tradición deste peculiar baño foi iniciada en 2012 por un grupo de amigos coñecidos como “os leóns do Burgo”.